Mostrando entradas con la etiqueta familia Silvent. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta familia Silvent. Mostrar todas las entradas

martes, 27 de mayo de 2014



Barriga Verde desembarca no Culturgal

Unha exposición, un posto e unha presentación darán a coñecer o proxecto de recuperación do personaxe

Barriga Verde, o títere máis coñecido do século XX en Galicia, estará amplamente representado no Culturgal, a Feira Galega das Industrias Culturais. Os asistentes ao evento, que se celebra en Pontevedra desde o venres e ata domingo, poderán achegarse a este personaxe no posto da Asociación Cultural Morreu o Demo, onde estará á venda diverso material.
Ademáis, a mostra Onde foi Barriga Verde?, dispoñible para bibliotecas e centros de ensino estará exposta no recinto do Pazo da Cultura durante a duración da feira, a amosar as orixes e a importancia do personaxe. Para rematar, o domingo ás 19 horas unha presentación a cargo de Anxo García, Xaime Iglesias e Germám Ermida darán a coñecer a historia deste boneco e mais o traballo que está a desenvolver a asociación Morreu o Demo para o recuperar.
No esforzo da asociación por reivindicar a figura deste títere tradicional para a sociedade de hoxe, na feira preséntanse varias propostas que inciden no papel subversivo da figura. Así, porase á venda merchandising con representacións do personaxe a pelexar contra a LOMCE, e os asistentes poderán fotografarse co feitío de Barriga Verde canda a personaxes de actualidade. A asociación realizará un sorteo nas redes sociais entre a xente que se fotografíe no stand.
Entre os obxectivos da asociación para esta feira está dar a coñecer o catálogo de actividades e de produtos que pon a disposición da sociedade galega para coñecer máis a fondo a historia de Barriga Verde e das persoas que o fixeron famoso, así como a relación do personaxe coa tradición de títeres europea.
Barriga Verde foi o títere por excelencia de Galicia entre os anos 10 e 60 do século pasado. Os membros da familia Silvent foron os encargados de o levar por todo o país este personaxe, deixando unha fonda pegada na memoria de moitas persoas con expresións como “Morreu o Demo, acabouse a peseta” coa que remataban os espectáculos.